h1

Poboación infantil: A vacinación fronte ao virus do papiloma humano (VPH) estableceuse en Galicia na poboación infantil feminina no ano 2008, para as mulleres nadas a partir do 1 de xaneiro do ano 1994, introducíndose na poboación infantil masculina a partir do 15 de setembro do ano 2022 para todos aqueles nenos nados a partir do 1 de Xaneiro de 2010. Administraranse 2 dose cunha separación de polo menos 6 meses aos nenos e nenas aos 12 anos de idade.

O risco de ter un cancro de cérvix entre as mozas que foron vacinadas entre os 17 e os 30 anos de idade, é un 53% menor que entre as que non foron vacinadas.
Poboación adulta: A vacina está indicada para todas as mulleres non vacinadas na infancia, e é gratuíta para as nadas a partir do ano 1994.  

A mulleres tratadas cunha conización por CIN e que reciben a vacina, terán unha diminución dun 50% para o risco de novas lesións.