h1

En estreita colaboración co resto de membros da Unidade de Hemodinámica realízanse cateterismos de cardiopatías congénitas en pacientes pediátricos e adultos na sala de Hemodinámica (ocasionalmente tamén nas unidades de críticos, fundamentalmente atrioseptectomía de Rashkind, ou en quirófano en colaboración con cirurxía Cardíaca Infantil).

  • Cateterismo diagnóstico, incluíndo posibilidade de anxiografía rotacional e reconstrución 3D
  • Biopsias endomiocárdicas.
  • Procedementos intervencionistas, incluíndo fetales. Os máis frecuentes son: Anxioplastias balón ± stent, Valvuloplastias, Peche de CIAs, Peche de Ductus, Oclusión de fístulas nativas e postcirúrxicas, Outras oclusións, Peche de Foramen Oval Permeable.