h1

  • Asistencia ao neonato gravemente enfermo de calquera etioloxía.
  • Asistencia ao neonato prematuro de calquera idade xestacional e calquera peso ao nacer.
  • Asistencia ao neonato con patoloxía neurolóxica: hipotermia activa en encefalopatía hipóxico-isquémica, monitoraxe EEG e oximetría cerebral.
  • Coidado pre e postoperatorio de neonatos con cardiopatías conxénitas.
  • Asistencia ao neonato con hipertensión pulmonar.
  • Coidado pre e postoperatorio de neonatos con outras malformacións conxénitas complexas: hernia diafragmática, atresia de esófago, atresia anal, etc...
  • Realización de cirurxías maiores na propia unidade neonatal (peche de ductus, corrección de hernia diafragmática, cirurxía abdominal).
  • Cirurxía cardíaca con e sen circulación extracorpórea.
  • ECMO e asistencia ventricular.
  • Asistencia ao neonato con insuficiencia renal: técnicas de substitución renal (hemofiltración, diálise peritoneal).
  • Cribado da retinopatía do prematuro e o seu tratamento (láserterapia e anticorpos monoclonais).