h1

  • Diagnóstico e tratamento das malformacións tanto da vía aérea superior como inferior (colaboración cos Servizos de ORL, Cirurxía infantil e Cirurxía torácica).
  • Seguimento do neonato con patoloxía respiratoria á súa alta da unidade de Neonatoloxía (DBP, etc.).
  • Diagnóstico e tratamento das infeccións respiratorias (Bronquiolitis, pneumonías, tuberculoses, etc.) e as súas secuelas (bronquiectasias, atelectasias, etc.).
  • Asma: diagnóstico e tratamento do neno con síndrome obstructivo bronquial. Educación do paciente e a súa familia.
    • Pulsioxímetro que permite o rexistro de pulsioximetría nocturna domiciliaria como primeiro paso (discriminatorio) do estudo destes pacientes.
    • Polígrafo* (ApneoScrenn) para o rexistro de poligrafía nocturna domiciliaria.
  • Tratamento integral do paciente con Fibrose Quística, tratando de funcionar como unha "sub" Unidade de F.Q como sucede noutros hospitais do país (colaboración coa unidade de Gastroenteroloxía infantil, etc.).
  • Diagnóstico e tratamento dos trastornos respiratorios do soño (colaboración cos servizos de Neurofisiología e de ORL).
  • Diagnóstico e tratamento da patoloxía respiratoria inmunolóxica (patoloxía intersticial, déficit de AAT, etc.).
  • Seguimento dos pacientes neuromusculares con patoloxía respiratoria (colaboración con Neuroloxía pediátrica).
  • Seguimento de pacientes cardiolóxicos con ou sen manifestacións respiratorias (HTP, cardiopatías conxénitas, post operados, etc.): Test de marcha...
  • Seguimento dos pacientes (case na súa totalidade F.Q) trasplantados de pulmón, así como doutros órganos (medula ósea, etc.) en caso de ter complicacións respiratorias.
  • Diagnóstico e tratamento doutras patoloxías (Discinesia ciliar, síndromes de aspiración e inhalación, patoloxía pleural e do mediastino, etc.).