h1

Esta Unidade encárgase do diagnóstico, tratamento e seguimento das seguintes patoloxías:

  • Cefaleas: hemicrania, tensionais, sintomáticas.
  • Epilepsias da infancia e encefalopatías epilépticas.
  • Convulsións febrís.
  • Convulsións neonatais.
  • Tics.
  • Distonías e outros trastornos do movemento.
  • Outros Trastornos Paroxísticos Non Epilépticos (sincopes, espasmos do salouco...)
  • Alteracións da conciencia. Estupor e coma.
  • Atraso psicomotor con especial consideración á encefalopatía hipóxico-isquémica, xenética, idiopática e postinfecciosa.
  • Regresión psicomotora en especial Autismo/Trastornos do Espectro Autista, enfermidades neurodexenerativas e encefalopatías metabólicas.
  • Trastornos da linguaxe e da aprendizaxe.
  • Trastornos da Conduta en colaboración con Saúde Mental para a valoración e estudo do TDAH e outras patoloxías.
  • Ataxias dexenerativas e sintomáticas.
  • Enfermidades neuromusculares: neuropatías e miopatías
  • Consulta multidisciplinar de Parálise Cerebral infantil. Realízase unha vez ao mes cos servizos de Rehabilitación e Cirurxía Ortopédica e a colaboración coa unidade do corredor da marcha da UNED.