h1

O Servizo de Pediatría do CHUAC conta coa acreditación docente para a formación de médicos internos residentes da especialidade de Pediatría e as súas Áreas específicas.
 
Ten unha capacidade recoñecida para cinco residentes por ano. Neste momento conta cun total de 18 residentes.
 
É frecuente que reciba residentes rotantes externos da nosa área doutras especialidades (Medicina familiar e comunitaria, Cardioloxía, Alerxia, Neuroloxía) e da mesma especialidade da nosa comunidade ou de fóra dela para rotar nalgunha das nosas unidades (Cardioloxía Infantil, UCIP, Neonatoloxía, Gastroenteroloxía, etc.).