- Pediatra de presenza física. A Unidade de Urxencias de Pediatría está constituída por dous pediatras con dedicación completa á urxencia pediátrica, e outros dous con dedicación parcial a esta área. En horario de atención continuada cóntase permanentemente coa presenza física de dúas FEA de Pediatría.
- Traumatólogo infantil de presenza física todo o día
- Cirurxián infantil de presenza física todo o día.
- Otorrinolaringólogo
- Cirurxián Maxilofacial
- Radiólogo
- Persoal de enfermería propia.
É posible requirir a presenza dos seguintes especialistas que habitualmente están no Servizo de Urxencias de Adultos:
- Neurocirurxián
- Cirurxián Plástico
- Oftalmólogo
- Psiquiatra
De garda localizada:
- Cardiólogo infantil
- Cirurxián cardíaco infantil.
Probas complementarias as 24 horas do día:
- Radioloxía convencional.
- TAC e Ecografía.
- Probas de laboratorio.