h1

A unidade de Urxencias pediátricas dá cobertura asistencial a toda a patoloxía pediátrica de urxencia da nosa área de influencia entre a que destaca pola súa frecuencia:

  • Síndrome febril en lactante e escolar.
  • Enfermidades e síntomas respiratorios: Tose, dor torácica, disnea, farinxite, amigdalite, otite, mastoidite, larinxite, bronquiolite, crise asmática, pneumonía.
  • Enfermidades e síntomas dixestivos: Vómitos, diarrea, abdome agudo, ictericia, hemorraxia dixestiva.
  • Enfermidades e síntomas nefro-urolóxicos: Hematuria, disuria, hipertensión arterial, insuficiencia renal aguda, infección urinaria, alteracións hidroelectrolíticas.
  • Enfermidades e síntomas cardiolóxicos: Insuficiencia cardíaca, palpitacións e arritmia, miocardite, pericardite.
  • Enfermidades e síntomas neurolóxicos: Epilepsia, cefalea, coma, ataxia, hipertensión intracraneal, meninxite, encefalite.
  • Urxencias endocrino-metabólicas: Diabetes mellitus, hipoglucemia, etc.
  • Enfermidades e síntomas osteoarticulares e de tecidos brandos: Coxeira, celulite, infeccións osteoarticulares.
  • Accidentes infantís: Traumatismos, feridas, afogamentos, hipotermia, queimaduras, corpo estraño, picaduras e mordeduras, intoxicacións medicamentosas e non medicamentosas.
  • Patoloxías varias: pranto, irritabilidade, patoloxía neonatal, malos tratos, abuso sexual, urxencias hematolóxicas e oncolóxicas, problemas da esfera psiquiátrica, problemas dermatolóxicos, adenopatías, dor de costas, etc.