h1

Mª Isabel Martín Herranz, farmacéutica responsable

Esta área ocúpase da xestión dos pedidos e o control das existencias de medicamentos, da relación cos laboratorios farmacéuticos para o subministro de medicamentos e a súa facturación económica. Realiza o proceso de salida administrativa dos medicamentos solicitados polas unidades clínicas e os medicamentos dispensados aos pacientes ambulantes.

Os datos económicos xerados son analizados e estruturados para aportar a información necesaria para o seguimento dos orzamentos e a información das unidades clínicas. O traballo é realizado por personal auxiliar administrativo con dependencia dun xefe de grupo administrativo e o Xefe de Servizo de Farmacia.