h1

PROCEDEMENTO DE ACCESO PROGRAMA SOCIOSANITARIO
 
"ATENCIÓN PSICOSOCIAL A PERSOAS CON ENFERMIDADE AVANZADA (EA)"
 
 
Entidad Social:
Equipo de Atención Psicosocial (EAPS) formado por 4 psicólogas en convenio con Cruz Vermella e a Fundación La Caixa (Sergas, ano 2015).
 
Ámbito de aplicación:
Hospital, C. Externas; HADO, Hospital Día, AP e domicilio (só cidade da Coruña e arredores).
 
Circuíto acceso:
A través do Servizo de Traballo Social, quen se encarga de canalizar este recurso sociosanitario na Área da Coruña e quen deberá ter información actualizada das persoas atendidas polos EAPS.
 
Perfil de pacientes a quen vai dirixido:
  • Persoas con enfermidade crónica avanzada e con expectativa de vida limitada.
  • Persoas en situacións sobrevenidas que cursan con cronicidade avanzada.
  • Familiares/rede social de pacientes con proceso de cronicidade avanzada.
  • Familiares e persoas próximas (rede social) en proceso de dó.

Obxectivo:
  • Diminuír o sufrimento psicosocial das persoas con EA e as súas familias e apoio para toma de decisións, contribuíndo a mellorar a saúde percibida e previr dós complicados.

Forma de derivación:
  • Vía Interconsulta IANUS ao buzón do Servizo de Traballo Social, que asignará á TSS e Psicóloga de referencia segundo Servizo, centro AP ou domicilio.
  • De xeito subsidiaria, vía email: traballo.social.coruna@sergas.es.

Procedemento:
  1. Valoración social e intervención se procede, atendendo a criterios de risco sociosanitario.
  2. Información e derivación a psicóloga do EAPS Cruz Vermella, reflectíndoo en IANUS.
  3. O EAPS realizará a coordinación co persoal médico, de enfermería e traballo social
    responsable do paciente, sempre que sexa necesario.
  4. Os EAPS informarán do fin da atención a Traballo Social Sanitario, que se encargará de reflectilo en IANUS.