h1

  • Consiste en depositar no útero unha mostra de seme previamente capacitada no momento da ovulación. Poden ser da parella (IAC) ou dun doante (IAD).
  • É unha técnica de reprodución asistida sinxela, que implica unha estimulación ovárica suave, con poucos efectos secundarios para a muller e bos resultados de embarazo nos casos indicados.
  • Os pasos para seguir son os seguintes:​

    • Estimulación ovárica: realízase unha estimulación suave cuxo obxectivo é obter 1 ou 2 folículos . A medicación empregada utilizada é unha serie de inxeccións subcutáneas hormonais a doses baixas que se inician coa regra.
    • Indución da ovulación: desencadéase a ovulación mediante unha inxección específica unha vez logrado o crecemento adecuado dos folículos . 
    • Preparación seminal: o mesmo día da inseminación, o home entrega unha mostra de seme que se procesa no laboratorio. En caso de utilizar mostra conxelada de doante, a desconxelación e preparación seminal realízanse o mesmo día.
    • Inseminación intrauterina: realízase en consulta depositando cunha cánula a mostra de seme dentro do útero e sen necesidade de anestesia
    • Soporte de fase lútea: administración de comprimidos de proxesterona vaxinal durante 3 semanas.  
Inseminación artificial