h1

  • É unha técnica que permite xerar embrións no Laboratorio de Reprodución Asistida a partir dun ovocito e un espermatozoide.
  • Realízase nunha serie de pasos:

    • Estimulación ovárica: no ciclo natural, só un folículo do ovario é seleccionado para que ovule. Esta selección está regulada por unha hormona chamada FSH que se se administra externamente permite a selección dun maior número de folículos permitindo a obtención dun maior número de ovocitos. O deseño desta estimulación realízase de forma  personalizada, baseándonos en datos como a idade, o peso e a reserva ovárica e imos controlala regularmente por medio de ecografías e analíticas hormonais co fin de conseguir o número óptimo de folículos e evitar as complicacións. Cando os folículos alcancen un tamaño que se considera óptimo (xeralmente tras 8-12 días de tratamento), administrarase a última inxección que permite alcanzar a maduración final dos ovocitos e prográmase a punción folicular para a recuperación deses ovocitos unhas 36 horas despois.
Fecundación in vitro
  • Recuperación Ovocitaria: Ten lugar en quirófano, a punción dos folículos e a aspiracion do contido folicular realízanse  por vía vaxinal baixo control ecográfico e previa sedación. O líquido que se obtén na punción envíase ao laboratorio, onde é examinado en busca dos ovocitos. No laboratorio identifícanse os ovocitos. Recoméndase repouso o día da punción.
  • Inseminación dos ovocitos:  unha vez seleccionados, os ovocitos que estean no nivel madurativo correcto colócanse en placas cun medio de cultivo adecuado e mantense nos incubadores ata o momento da insemninación. A inseminacion pódese realizar de dúas formas: 

    • A Fecundación In vitro clásica que consiste en engadir un número determinado de espermatozoides aos vocitos que están nas placas de incubación;  
    • A Microinyección Intracitoplasmática de Espermatozoides (ICSI) que consiste en seleccionar un espermatozoide, cárgase nunha micropipeta e inxéctase dentro do ovocito. 

  • Despois de inseminados, os ovocitos introdúcense de novo no incubador e 24 horas despois avalíanse co microscopio en busca de signos de fecundación (dous pronúcleos). Nun 70-80% dos casos os espermatozoides fecundarán os ovocitos e xeraranse embrións.
Fecundación in vitro

Fecundación in vitro
  • Desenvolvemento embrionario: desde o dia seguinte á recuperacion ovocitaria, os ovocitos fecundados (embrións) obsérvanse diariamente ao microscopio para valorar como se dividen (número de células) e outras características morfolóxicas. Estes datos permiten establecer a  calidade embrionaria (potencial implantatorio) en base a unha clasificación normalizada e estandarizada. Durante este tempo, os embrións permanecen dentro de incubadores especiais ata o día da transferencia que pode ser 4 ou 5 días post-punción.
  • Transferencia Embrionaria: o día da transferencia informarase do número de embrións dispoñibles así como da calidade dos mesmos, datos que van permitir decidir o número de embrións a transferir. Aínda que a decisión achega do número depende da parella ou da paciente, o equipo da Unidade aconsellará previamente. En España, a Lei de Reprodución Asistida limita a transferencia de embrións a un máximo de tres. En liñas xerais, co fin de reducir o risco de embarazo múltiple, recoméndase  a transferencia dun só embrión, e se reserva a recomendación de transferir dous embrións a mulleres de idade avanzada e cando coexisten outros factores que diminúen as probabilidades de embarazo. Hoxe en día é excepcional a transferencia de tres embrións. A transferencia dos embrións é un procedemento sinxelo que non require anestesia aínda que si unhas horas de ingreso. Realízase con control ecográfico para así poder depositar o/os embrións no lugar idóneo da cavidade uterina, onde hai máis posibilidades de que leve a cabo a implantación. Tras a transferencia recoméndase manter a actividade habitual así como manter o tratamento con proxesterona vaxinal para axudar á implantación dos embrións. Así mesmo débese manter o tratamento con ácido fólico. Aos 14 días da transferencia realizarase un test de embarazo en sangue. Se se consegue embarazo, este pódese considerar un embarazo normal, aínda que é conveniente que lle comunique ao seu obstetra que foi concibido mediante Técnicas de Reprodución Asistida.
Fecundación in vitro

Fecundación in vitro