h1

ecografía 3d As nosas instalacións atópanse situadas na planta baixa do Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, alí dispoñemos de tres consultas equipadas con ecógrafos de alta resolución, e dúas salas de enfermería, para realizar os controis oportunos. Poderá ser citada en quenda de mañá ou de tarde, dependendo do tipo de ecografía que se solicite, xa que non todos os estudos requiren nin o mesmo tempo, nin a mesma técnica, nin do mesmo especialista.
Tamén dispoñemos doutra consulta na planta baixa do Centro de Especialidades do Ventorrillo, onde se realizan ecografías de control de embarazos non complicados, polo mesmo grupo de profesionais.