h1

Unha das primeiras cousas que se necesita saber sobre a xestación é de canto tempo está embarazada (datación), e cantos bebés están a formarse (embarazo simple ou múltiple).
Popularmente dise que o embarazo dura 9 meses, pero aos médicos oirédesnos falar en semanas e que termina na semana 40: o tempo é o mesmo, todo depende de onde se empeze a contabilizar. Popularmente dise que son 9 meses desde a primeira falta da regra, médicamente desde a última regra que se tivo: un mes antes.
A regra non sempre é exacta no tempo, ás veces adiántase ou se atrasa uns días, nalgunhas mulleres mesmo semanas e non teñen a regra cíclicamente. Por iso na ecografía da semana 12 mediremos o tamaño do embrión e iso permitiranos saber o día que quedaches embarazada cunha precisión de +/- 5 días. 

ecografía embarazo 
 
No noso hospital, axustaremos a data da última regra (FUR) a todas as embarazadas por esta medida do primeiro trimestre, agás que o embarazo sea por técnica de reprodución in vitro, para ter un criterio unánime de todo o persoal (médicos, matronas, enfermeiras). Esa data calcularanos a data probable de parto (FPP), e ambas non se modificarán ao longo do teu embarazo.