h1

A Unidade de Alto Risco céntrase no control daquelas xestacións que poñen á nai, ao feto ou a ambos, nun risco máis alto do normal de desenvolver complicacións durante o embarazo, o parto ou o postparto. Este tipo de embarazos requiren dun protocolo de seguimento máis estrito e coidadoso, así como dunha atención integral na súa manexo.
 
Na nosa unidade realizamos o seguimento de mulleres derivadas por múltiples causas: 
  • Patoloxía médica materna previa ao embarazo: diabetes pregestacional, nefropatías, trombofilias, enfermidades autoinmunes, etc. Ademais, somos centro de referencia de Galicia para patoloxía cardíaca materna e fetal.
  • Patoloxía que xorde durante a propia xestación: hipertensión inducida polo embarazo, preeclampsia, restrición do crecemento, ameaza de parto pretérmino, malformacións, infeccións conxénitas, etc.
  • Antecedentes obstétricos de risco: diagnóstico precoz e prevención de posibles patoloxías ou complicacións na actual xestación.

 

Unha vez á semana, e sempre que xurda un caso relevante, o Comité de Perinatología, formado por obstetras, neonatólogos, cirurxiáns infantís e anestesiólogos, reúnese para discutir e tratar dunha maneira multidisciplinar os casos clínicos en curso así como para analizar o seguimento postparto e neonatal daqueles xa resoltos.