h1

Os exames e procedementos utilizados para diagnosticar o cancro de endometrio inclúen os seguintes:

  • Exame da pelvis.
  • Ecografía transvaginal.
  • Uso dun endoscopio para examinar o endometrio. (Histeroscopia)
  • Biopsia endoemtrial, que consiste na extracción dunha mostra de tecido para análise.

 

Probas complementarias

Os exames utilizados para determinar a etapa do cancro poden incluír unha radiografía de tórax, unha tomografía computarizada (TC), unha tomografía por emisión de positrones, resonancia magnética e exames de sangue.

A información destas probas e procedementos utilízase para asignar unha etapa ao cancro e axuda a decidir o tratamento máis oportuno en cada caso.