h1

Non se coñecen as causas exactas do cancro de ovario, pero as mulleres con determinados factores de risco teñen máis probabilidades de padecer esta enfermidade.
Aínda que a presenza dun ou máis factores de risco pode aumentar o risco dunha muller, iso non significa necesariamente que vaia a padecer un cancro de ovario. Entre os factores de risco identificados figuran:

  • Idade: o risco de cancro de ovario aumenta coa idade e é máis frecuente nas mulleres maiores de 50 anos; o maior risco corresponde ás mulleres maiores de 60 anos.
  • Antecedentes familiares: cando un ou máis familiares de primeiro grao (nai, filla, irmá) ou un familiar de segundo grao (avoa, tía) presentaron un cancro de ovario.
  • Predisposición hereditaria ao cancro: aproximadamente o 10%-15% dos cancros de ovario débense a unha predisposición hereditaria ao cancro. A causa hereditaria máis frecuente do cancro de ovario é unha mutación no xene BRCA1 ou BRCA2. As pacientes con cancro de ovario que teñen antecedentes persoais de cancro de mama, antecedentes familiares de cancro de mama ou ovario ou que son de ascendencia xudía asquenazí (Europa do leste) han de comentar a posibilidade dun cancro hereditario co seu médico.
  • Maternidade: as mulleres que non tiveron fillos corren un maior risco. Cuantos máis fillos ten unha muller, menos probable é que padeza un cancro de ovario.

 

Na actualidade non existen probas fiables para realizar un cribado do cancro de ovario en mulleres sas. Para diagnóstico do cancro de ovario realizarase de entrada unha exploración pélvica, ecografía transvaginal e/ou abdominal e analítica sanguínea. En ocasións pode facerse necesario realizar unha paracentesis (extracción de líquido abdominal) ou biopsia abdominal para realizar un diagnóstico anatomopatológico previo ao comezo do tratamento.