h1

Os pacientes con síntomas leves de COVID-19 (febre, tose, mialgias ou malestar xeral leve) deben quedar no seu domicilio e pedir atención médica ao teléfono gratuito  habilitado polo SERGAS (881540045).

Se presentase sensación de falta de aire, empeoramento ou sensación real de gravidade debe chamar ao 112.

Se teñen síntomas novos, que poden ser dor torácica, perda de conciencia, non dubiden en vir aos Servizos de Urxencias.


Ante calquera dúbida en pacientes con cardiopatías familiares (miocardiopatia hipertrófica, dilatada, arritmogénica, síndrome de Brugada, síndrome de QT longo, síndrome de Marfan, etc.) poden poñerse en contacto coa nosa unidade a través do seguinte email: cardiopatias.familiares.acoruna@sergas.es