h1

O coronavirus SARS-CoV-2 transmítese de persoa a persoa por vía respiratoria a través de pequenas pingas respiratorias, que se xeran coa tose ou o esbirro en distancias inferiores a 2 metros. Tamén polo contacto con obxectos ou superficies contaminadas. 

Se vostede ten unha enfermidade respiratoria crónica ten o mesmo risco de contaxiarse por este virus que outra persoa sen enfermidade respiratoria. Non obstante a infección por coronavirus pode descompensar a súa enfermidade respiratoria e ter problemas máis graves que unha persoa  que ten os pulmóns e os bronquios sans. Isto quere dicir que debe evitar o contaxio porque vostede é unha persoa de risco. 

A tose aumenta o risco de transmitir a enfermidade a outras persoas. Nas persoas que padecen enfermidades respiratorias crónicas é moi frecuente a tose. Vostede  pode estar contaxiado por coronavirus e non coñecelo e por iso debe levar máscara para evitar o contaxio a outras persoas, así como  extremar todas as medidas hixiénicas. Lavar as mans con frecuencia e tapar a boca ou nariz se tose ou esbirra.