h1

O risco de ter coronavirus non aumenta nestas enfermidades pero se vostede contrae a infección pode ter problemas respiratorios máis graves que outros pacientes sans.

Non debe facer cambios na medicación que está a tomar e se ten dúbidas debe consultar co seu médico. Recoméndase non automedicarse sen consulta médica, salvo tratamento para a febre.

A infección leve ou moderada por coronavirus non parece que aumente a fibrose pulmonar e por iso vostede volverá ao seu estado previo. Pode persistir con máis tose do habitual durante unhas semanas. Debe consultar co seu médico se tras semanas de evolución da infección por coronavirus persiste moita tose, aumenta a falta de respiración ou nota outros síntomas que non tiña previamente. 

Se acode ao servizo de urxencias ou ao seu médico debe informarlle de toda a medicación que toma para esta enfermidade, fundamentalmente: Prednisona, metotrexate, azatioprina (Imurel®), micofenolato, nintedanib (Ofev®), pirfenidona (Esbriet®). Estas medicacións poden ter interacción con outros fármacos.