h1

Se vostede padece hipertensión pulmonar non ten maior risco de padecer enfermidade por COVID-19. Con todo, como este virus produce alteracións cardiovasculares pode presentar complicacións máis graves da enfermidade.

É moi importante que siga as recomendacións xerais ditadas para a poboación xeral.

Non debe deixar a medicación que está a recibir de modo habitual.
Algúns dos medicamentos que está vostede tomando para a hipertensión pulmonar interferen cos fármacos que utilizamos para o manexo da COVID-19, por iso é moi importante que informe o seu médico da medicación que está a recibir. O máis recomendable é que vostede contacte co seu neumólogo en caso de ter necesidade de tomar medicación para COVID-19.

Estes son algúns dos fármacos que pode estar a tomar e ímolos agrupar segundo a interferencia que poden ter cos fármacos que poderían prescribirlle para tratar COVID-19 se vostede acudise ao seu médico ou ao hospital: 

Non interferen coa hidroxicloroquina: Ambrisentan, Bosentan, Macitentan, Sildenafilo, Taladafilo, Riociguat, Selexipag, Epoprostenol, Iloprost e Treprostinil. 
Diminúen os niveis do lopinavir/ritonavir (Kaletra): Ambrisentan, Bosentan, Macitentan, Sildenafilo, Taladafilo, Riociguat . 

Mentres dure a pandemia:
-Debe evitar desprazamentos innecesarios ao Hospital.
-O seu médico revisará as probas e analíticas que vostede realizou e vía telefónica explicaralle os resultados  e a conveniencia ou non de realizar novas exploracións.
-O Servizo de Farmacia enviaralle a casa a medicación específica que recolle na Farmacia hospitalaria cando acode á consulta.