h1

En caso de usar terapia nebulizada no domicilio mediante un equipo de aerosolterapia e teña infección confirmada polo novo Coronavirus, ou se o persoal sanitario recomendoulle seguir corentena no seu domicilio por sospeita do mesmo, NON DEBE USALOS, pola posibilidade de xerar partículas contaxiosas na súa contorna. 

Debe CAMBIAR o tratamento nebulizado por inhaladores presurizados (de gas) conectados a unha cámara espazadora ou ben cambiar a un dispositivo de po seco. 

O seu médico indicaralle cal é o máis adecuado e o seu equipo de profesionais instruiralle sobre como empregalos.

No caso de que non padeza a infección, empregue a aerosolterapia como viña realizándoa.