h1

- A broncoscopia non incrementa o risco de infección por coronavirus SARS-CoV-2 para o paciente.

- Se vostede presenta algún dos seguintes síntomas: febre, falta de aire, tose con ou sen expectoración, dor de garganta, diarrea e alteración do olfacto ou do gusto debe informar antes de acudir á cita. O persoal de broncoscopia decidirá se é conveniente realizar a proba ou aprazala. 

- A broncoscopia é unha técnica de alto risco de contaxio por SARS-CoV-2 pola xeración de aerosois para o persoal sanitario que realiza esta proba.  

- En torno ao 30% dos pacientes infectados por SARS-CoV-2 poden non ter síntomas e, por este motivo o persoal sanitario utilizará equipos de protección individual para realizar todas as broncoscopias.

Se a broncoscopia realízase no quirófano farémoslle un test de coronavirus do SARS-CoV-2 os días previos. 

- Se vostede ten unha infección activa por coronavirus só se realizará a broncoscopia se é moi urxente.

-  O día da broncoscopia debe vir acompañado só por un familiar, preferiblemente menor de 70 anos de idade. Este familiar non debe presentar síntomas respiratorios que poidan suxerir infección por coronavirus.