h1

Estar transplantado de pulmón non aumenta o risco da infección por virus COVID-19 pero vostede é unha persoa que ten máis risco que outra persoa que está sa en caso de ter esta infección.

A medicación que toma para o transplante diminúe as defensas pero non debe deixala nin diminuíla. Debe poñerse en contacto co seu neumólogo e aconsellarémoslle o que hai que facer.  Non sabemos a repercusión que pode ter padecer unha infección por coronavirus no funcionamento do seu pulmón, aínda que cabe esperar, que como con outros virus respiratorios, se a enfermidade é leve ou moderada exista unha recuperación ao seu estado previo. 

Non sabemos neste momento se padecer esta enfermidade aumenta o risco de rexeitamento a máis longo prazo. 

Mentres persista o risco de infección por coronavirus debe evitar viaxes innecesarias. Por iso trataremos de facer consultas por teléfono para ver a súa analítica ou outras probas realizadas. Nalgunhas ocasións vostede terá que facer unha visita á consulta do hospital e debe acudir con máscara. 

Algúns dos medicamentos que está vostede tomando para evitar o rexeitamento (Tacrolimus, Everolimus, Mofetil micofenolato)  interferen cos fármacos que utilizamos para o manexo da COVID 19, por iso é moi importante que informe o seu médico da medicación que está a recibir. Se vostede ten coronavirus non suspenda ningún destes fármacos e contacte co seu neumólogo.

Os fármacos que actualmente utilizamos para tratar o coronavirus (Lopinavir /Ritonavir, Cloroquina ou hidroxicloroquina) aumentan os niveis de Tacrolimus.