h1

Existe un sillón para cada cama de hospitalización, polo que non introduza ningún tipo de mobiliario e respecte a ubicación e a orde do mesmo.
 
Para gozar dunha estancia máis cómoda e agradable, tente manter ordenada e despexada a súa habitación. Colabore co persoal sanitario para manter despexadas a zonas de paso.
 
Por razóns de hixiene, non está permitido traer flores nin plantas.
 
Para un mellor funcionamento interno, convén que estea sempre localizable. Se tivese que saír da unidade de hospitalización, comuníquello previamente ao persoal de enfermaría.